XA O PAGAMOS!!

A Mesa Galega de Educación no rural esíxelle á Xunta un plan para frear o despoboamento

A Mesa Galega de Educación no rural celebrará este venres unha nova xuntanza en Lugo. Será no salón de actos da Casa Sindical, Ronda da Muralla nº 58 ás sete da tarde. Nas últimas semanas recolleu achegas e propostas para compoñer un completo documento de propostas e demandas dirixidas á Xunta, á que lle esixe un plan global para frear o despoboamento destas zonas. O documento salienta que “fronte a primacía do criterio económico curtopracista e miope, que afonda no desequilibrio territorial”, cómpre primar os dereitos da infancia “a recibir atención educativa no seu medio durante as primeiras etapas, como forma de dignificar o mundo rural, clave para reverter o proceso de abandono”. Engade que é preciso que as nenas e nenos “dende pequenos aprendan a recoñecer e valorar as características do mundo rural no que viven”. E conclúen que “non hai desenvolvemento rural integral se non hai un cambio nas actitudes e nas aptitudes e para que iso suceda a escola rural é unha peza fundamental”.

Nas últimas semanas recolleu achegas e propostas para compoñer un completo documento de propostas e demandas dirixidas á Xunta, á que lle esixe un plan global para frear o despoboamento destas zonas

Entre as propostas está o freo da actual dinámica de peche de centros e a reducción de unidades e o fornecemento ás escolas rurais dos medios materiais e humanos necesarios. Demándase igualmente “dar prioridade ó mantemento da ESO nos centros rurais”, o mantemento da gratuidade dos comedores escolares para aquel alumnado que use o transporte escolar e a extensión do transporte gratuíto a BAC e FP nos IES de zonas rurais. Tamén se pide a recuperación do programa Preescolar Na Casa, “asumindo a Consellería de educación o seu custe”.

Demándase igualmente “dar prioridade ó mantemento da ESO nos centros rurais”, o mantemento da gratuidade dos comedores escolares para aquel alumnado que use o transporte escolar

No documento tamén figura o recoñecemento da valía pedagóxica da escola rural e a “apertura dos centros ó seu entorno, fundamentalmente ao mundo labrego, mediante saídas ou outras actividades, fronte a curriculos oficiais que, dende unha mentalidade urbana, menosprezan e silencian a realidade rural ou a tratan como unha reliquia etnográfica do pasado”. Quérese portenciar tamén a participación activa das familias na escola, a través do Consello Escolar.

As propostas

No documento tamén figura o recoñecemento da valía pedagóxica da escola rural e a “apertura dos centros ó seu entorno, fundamentalmente ao mundo labrego”

  • Un plan coordinado das distintas consellerías para frear e reverter o proceso de despoboamento do rural, fomentando as actividades económicas que fixen poboación de forma estable aproveitando os recursos da Terra sen destruílos; así como garantindo a oferta de servizos públicos á poboación rural (ensino, sanidade, atención as persoas dependentes, transporte, etc.).
  • Dentro del, un plan específico educativo axeitado ó medio rural, elaborado coa participación da comunidade educativa (federacións de ANPAs , sindicatos docentes, movementos de renovación pedagóxica) que responda as necesidades reais e actuais do mundo rural, dentro dun marco de desenvolvemento global e dun tratamento de discriminación positiva.
  • Reformular por parte da Administración educativa a atención á etapa 0-6, integrando no sistema educativo o ciclo 0-3, recuperando o programa Preescolar Na Casa, asumindo a Consellería de educación o seu custe.
  • Elaborar, a nivel de Galiza, unha rede educativa comarcal, que inclúa para cada comarca todas as necesidades educativas dende cero anos ata adultos.
  • Fornecer ás escolas rurais dos medios materiais e humanos que precisan para unha educación de calidade, incluíndo tódolos especialistas de infantil e primaria, así como o persoal de apoio necesario para realizar os desdobres pertinentes, atendendo ás demandas da comunidade educativa de cada centro.
  • Recoñecer os debidos dereitos laborais ó profesorado e regularizar as condicións de transporte aos itinerantes.
  • Mantemento das unitarias existentes, conservando o alumnado de 1º ciclo de primaria cando fose necesario para manterse, dentro dunha organización de Centro rural Agrupado (CRA), con toda a dotación de profesorado e recursos que isto supón.
  • Acelerar a extensión dunha rede de CRA.
  • Frear o peche de centros e a reducción de unidades, co conseguinte desprazamento dos alumnos ás concentracións escolares ou ós centros educativos das vilas e cidades cercanas, polo que implica de desarraigo do alumnado do seu entorno e infravaloración da sociedade e da cultura rural.
  • Recoñecemento da valía pedagóxica da escola rural, como pioneira de avances pedagóxicos na renovación dos sistemas educativos.
  • A elaboración dun plan de formación específica, obrigatorio e continuado, para o profesorado do medio rural, coordinado polos CEFORES coa participación dos movementos de renovación pedagóxica; posibilidade que o devandito plan se inclúa no futuro nas escolas de maxisterio.
  • Consideración de escola rural, non só ás poucas unitarias que perviven, senón ós CEIP, CPI  e IES  con alumnado maioritariamente procedente do medio rural.
  • Dar prioridade ó mantemento da ESO nos centros rurais.
  • Mantemento da gratuidade dos comedores escolares para aquel alumnado que use o transporte escolar.
  • Recuperación do programa de prestamo dos libros de texto.
  • Apertura dos centros ó seu entorno, fundamentalmente ó mundo labrego, mediante saídas ou outras actividades, fronte a curriculos oficiais que, dende unha mentalidade urbana, menosprezan e silencian a realidade rural ou a tratan como unha reliquia etnográfica do pasado.
  • Potenciación da participación activa das familias na escola, a través do Consello Escolar, as actividades extraescolares ou a forma que a comunidade escolar determine oportuna, entendendo como fundamental que a cultura familiar e veciñal estea presente na escola, sendo valorada e respectada, como forma de potenciar a autoestima do alumnado e dende esa autoestima poida abrirse a outras culturas.
  • Estas dúas últimas medidas deberían estar recollidas no plan educativo de centro e desenvolvidas transversalmente, facendo seguemento delas a comisión de coordinación pedagóxica.
  • Extensión do transporte gratuíto a BAC e FP nos IES  de zonas rurais.
  • Adecuación da oferta formativa en BAC e FP á realidade do entorno rural dos centros.

O Consello Escolar de Galicia rexeita o decreto de comedores

O Pleno do Consello Escolar de Galicia acordou por 17 votos a favor, 13 en contra e unha abstención, a devolución ao goberno galego do novo decreto de comedores escolares. Coincidindo coa votación, fronte á sede do organismo tivo lugar unha concentración convocada polas plataformas en defensa do ensino público.

CIG-Ensino defendeu unha emenda á totalidade coa que solicitou a retirada da proposta de Decreto polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios, porque “pon en tea de xuízo a igualdade de oportunidades, vulnera o dereito á educación e o deber de estar escolarizado, elimina o dereito ao comedor escolar gratuíto para o alumnado transportado,  non cumpre a función compensatoria, nin moito menos social, e penaliza a poboación do medio rural”.

CC.OO.-Ensino destaca que se trata da terceira ocasión en que o Consello Escolar de Galicia resolve contra a Consellaría de Educación, tras as resolucións sobre o decreto do plurilingüismo e a lei de convivencia

Pola súa banda, CC.OO.-Ensino destaca que se trata da terceira ocasión en que o Consello Escolar de Galicia resolve contra a Consellaría de Educación, tras as resolucións sobre o decreto do plurilingüismo e a lei de convivencia. De igual xeito, para AGE isto supón “un novo golpe ao PP tamén en materia de educación”. Alternativa esixe “a inmediata retirada por parte da Consellería de Educación deste decreto”, que é “rexeitado por toda a comunidade educativa”.

Na súa intervención no pleno, CIG-Ensino denunciou “a actuación da Consellaría de Educación” por “saltarse o procedemento legal que é preceptivo, a negociación deste decreto na Mesa Sectorial”. Para o sindicato nacionalista “esta actitude evidenciou, unha vez máis o comportamento antidemocrático e autoritario da Consellaría de Educación que concibe os foros de negociación e participación como un estorbo”.

A CIG defendeu a elaboración dun novo decreto que garanta o uso gratuíto do comedor escolar a todo o alumnado beneficiario do transporte escolar e daquel cuxa renda mensual familiar non exceda tres veces o SMI

CIG-Ensino defendeu a elaboración doutro novo proxecto de decreto que garanta o uso gratuíto do comedor escolar a todo o alumnado beneficiario do transporte escolar e daquel cuxa renda mensual familiar non exceda tres veces o salario mínimo interprofesional. E tamén “a habilitación de espazos necesarios en todos os centros públicos para que estes se poidan dotar do servizo de comedor” e a contratación “de persoal específico, coa cualificación necesaria e con relación laboral coa Consellaría de Educación, para atender o comedor”.

CxG denuncia que a Xunta lles cobrará ás familias o dobre do que custa o servizo de comedor escolar

A Xunta anunciou hai unhas semanas un incremento do 40% no prezo dos comedores escolares, que para o vindeiro curso pode acadar os 4,50 euros por menú. A Consellaría de Educación tamén modificou as regras que determinaban as exencións no pago, que facían que até agora fosen de balde para o 91,82% do alumnado e polas que agora terá que pagar o 43,26%, segundo cálculos do propio Goberno galego.

A Consellería de Educación estalles achegando aos centros escolares de educación primaria 2,08 euros por neno e día para gastos de comedor

Compromiso por Galicia cualifica de “estafa” este incremento dos prezos pois segundo a información da que dispón a formación, no actual curso escolar a Consellería de Educación estalles achegando aos centros escolares de educación primaria 2,08 euros por neno e día para gastos de comedor, cos que ten cubrir non só o custe de todos os ingredientes necesarios para elaborar os menús, senón tamén os productos de limpeza necesarios na cociña e no comedor, a reposición do “menaxe” e a gratificación que reciben os encargados de xestionar os comedores. Neste senso, para Xosé Manuel Pérez Bouza resulta “intolerable” que a Xunta de Galicia a partir do próximo curso escolar pretenda cobrarlle aos pais e ás nais do alumnado polo menú que se lle sirva aos nenos e ás nenas nos comedores dos centros públicos, “máis do dobre do seu custe efectivo”. 

“O que pretende Feijóo” é “encher a caixa da Xunta, para destinar eses cartos a seguir aumentando ou apoiando ao ensino privado”

Para Compromiso os cartos que se recauden “non van ir para crear máis prazas de comedor nos centros de ensino público, tal como afirmou o Conselleiro Jesús Vázquez”, senón que “o que pretende Feijóo” é “encher a caixa da Xunta, para destinar eses cartos a seguir aumentando ou apoiando ao ensino privado”, argumenta Pérez Bouza. O líder galeguista engade que esta medida supón “un roubo e unha estafa para as familias”, e vai contribuir a incrementar o despoboamento do rural, xa que o servizo de comedor non era custe engadido.

CxG non descarta levar ante os tribunais este decreto

Compromiso sinala que o decreto que ten pensado aprobar a Xunta supón “un repago dun servizo que xa se paga vía impostos e que a partir do curso que ven pagarán novamente por medio dunha taxa, absolutamente abusiva e que supón un roubo e unha estafa para as familias de clase media-baixa”. CxG non descarta levar ante os tribunais este decreto, por considerar que ningunha Administración pode cobrar por un servizo máis do seu custe efectivo. Hai unhas semanas o PSdeG anunciou que levará ao Tribunal Constitucional o novo sistema que amplía o copago nos comedores escolares.

O PSdeG leva ao Constitucional o copago nos comedores escolares

Concertos con colexios que segregan: valen por 650.000 menús escolares

Os pais e nais da escola pública mobilizaranse contra o pago nos comedores

Os colexios concertados levarán máis de 900 millóns en catro anos

Máis información en: http://praza.com/movementos-sociais/4176/o-consello-escolar-de-galicia-rexeita-o-decreto-de-comedores/

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s