para qué asociarse

ALGUNHAS RAZÓNS PARA TRABALLAR NA ANPA:

  1. Porque é a nosa responsabilidade educar aos nosos/as fillos e fillas.
  2. Pola necesidade de estar unidos/as á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública.
  3. Porque un movemento de nais e pais agrupadas/os fai que as súas iniciativas e peticións sexan vistos con maior respecto polas administracións públicas, polo profesorado, pola sociedade, etc.
  4. Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida do Centro Escolar.
  5. Pola importancia de “levar” aos consellos escolares a presenza dos/as pais e nais, organizados/as nas ANPA, para defender os intereses de todos/as, non os individuais.
  6. Porque se as/os nais e pais non somos capaces de motivarnos pola educación dos/as nosos/as fillos e fillas… por quen o faremos?
  7. Porque se non somos activas/os e participativas/os, como explicarlle ás/aos nosas/os fillas e fillos que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde poidan e deban expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio futuro.
  8. Porque para realizar a formación activa dos/as pais e nais é necesario unir esforzos e ideas.
  9. Porque as ANPA deben traballar pola integración no seu contorno, facendo uso das instalacións do centro educativo.
  10. Porque todas e todos somos necesarias/os para mellorar a calidade de vida para as/os nosas/os fillas e fillos.
Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s