Apoio á ANPA do CPI de Valdoviño

Na asamblea da ANPA celebrada o venres 19-04-2013 acordouse apoiar á ANPA do CPI de Valdoviño na súa marcha desde o colexio ao concello de Valdoviño prevista para o martes 23-04 en defensa da gratuidade do servizo de comedor xa que nós temos o mesmo problema, por tanto emplazamos-vos a que vaiades todos os que poidades, a marcha vai saír ás 6 da tarde do CPI de Atios.

En canto teñamos o borrador do decreto que tenta aprobar a Xunta publicaremo-lo.

“NON” AO REPAGO DOS COMEDORES ESCOLARES

     CONFAPA-GALICIA DICE “NON” AO REPAGO

     DOS COMEDORES ESCOLARES 

O Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, afirmou no último pleno que ía “extender” o copago dos comedores escolares, que deixarán de ser gratis para o 34,25% dos usuarios galegos. O prezo máximo ascende a 4,5 euros.

 Desde CONFAPA-GALICIA manifestamos o noso total desacordo a este re-pago.

A Escola Pública está pagada cos nosos impostos que tamén se utilizan, sen ter en conta a nosa opinión, para soster empresas privadas de Educación con fondos públicos. A Educación non pode ser un negocio e moito menos un negocio onde o goberno invirte cartos dos contribuíntes.

 Hai que ser conscientes da importancia do comedor escolar para a conciliación das familias e de que é un dos servizos que debe ofertar a Escola Pública. Este recorte, como tantos outros, realiźase ao abeiro da crise e esta, á súa vez, susténtase na chamada “débeda nacional”. Pretenden facernos crer que estas medidas se toman para solucionar algo e iso non é certo, xa que se toman para conquerir o obxectivo de beneficiar ao poder financieiro e lograr unha clase traballadora con moitos menos dereitos. E o peor é que non son medidas pasaxeiras senon froito dunha estratexia.

 Os dereitos que tardamos tanto en conseguir,  non os imos recuperar se deixamos que se perdan. A Educación Pública non debe pagar a débeda dos bancos: público non significa “do goberno”, senon de todos os cidadáns e cidadás. O público debe ser intocable, respectado por riba da ideoloxía do goberno de turno.

 A medida que pretenden aplicar desde a Consellería atenta directamente contra “o público” así entendido. Tal Consellería debería ser consciente do dano irreparable que se está a facer aos centros do rural. Supoñémos sabedores aos responsables da Consellería de Educación de que moitos máis rapaces dos que cremos, fan a única comida en condicións ao día precisamente no colexio.

A Administración é sempre subsidiariamente responsable da Educación; e mentres haxa un neno ou unha nena con calquera tipo de necesidade, é responsabilidade da Consellería.

 Por outra banda, consideramos que o uso do transporte escolar non debe tomarse como modelo prioritario para a gratuidade do comedor. Familias que vivan a cen metros do centro educativo poden precisar de xeito urxente un servizo que, ademáis, está incluído na Programación Xeral Anual de todos os Centros, e que é atendido por nais e pais sen contrato e a quen se lles paga a dous ou tres meses vista.

 Queremos transmitir ás Anpas Federadas así como ao conxunto da cidadanía que as nais e pais da escola pública non imos repagar un servizo que nos corresponde por dereito. Defendemos, como sempre o fixemos, unha educación pública gratuíta, de calidade, de todos e para todos.

 A falta de cartos que alega a Consellería non é recoñecida por nós que, como cidadáns vemos como se dilapidan noutros asuntos supérfluos. Non pedimos senon que esiximos que a Consellería de Educación execute XA o estipulado pola Xustiza e retire INMEDIATAMENTE os concertos ás empresas privadas de educación que segregan por sexos, sen esperar á implantación da LOMCE que invalidaría a sentenza do TSXG. Porque contra tal Anteproxecto tamén estamos a loitar xunto co resto da comunidade educativa.

Unha vez recuperados os 3-5 millóns de euros destinados a eses Centros, a Consellería debe investir nos comedores que hoxe quere desmantelar.

 En canto ao tema dos “tuppers”, é unha posibilidade que nin sequera queremos contemplar por segregadora: a escola pública sempre defendeu e defenderá a igualdade entendida como equidade e non discriminación en ningún dos seus posibles sentidos.

   Xunta Directiva de CONFAPA-GALICIA.

 MARZO DE 2013.

podedes descargar en pdf ComunicadoCONFAPAsobrecomedores

crìticas e comentarios ao documental “la educación prohibida”

Interesante blog sobre educación.

http://soypublica.wordpress.com/2012/11/27/documental-trampa-la-educacion-prohibida/

CHARLOTTE ISERBYT. La deliberada estupidización del mundo

A valente Charlotte Iserbyt, ex-conselleira xefe de política durante a administración de Reagan, fala e explica como os sistemas educativos foron modificados e amañados para xerar robots humanos ben adestrados, obedientes e submisos ao sistema, para criar persoas  materialistas con moi poucos valores ou coñecementos profundos e transcendentais, de maneira que sirvan como bons escravos ao sistema que os programa mentalmente.

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=FWDafASP21E

http://www.youtube.com/watch?v=0bBDJSaxCUs&feature=relmfu

 

Paradigma del Sistema Educativo

Animación curta e interesante traducida ao castelan.

La Educación Prohibida

La Educación Prohibida é un filme documental que se propón cuestionar as lóxicas da escolarización moderna e a forma de entender a educación, visibilizando experiencias educativas diferentes, non convencionais que plantexan a necesidade dun novo paradigma educativo.

 La Educación Prohibida é un proxecto realizado por xovenes que partiron desde a visión de quen aprende e se embarcaron nunha investigación que cobre 8 paises realizando entrevistas a mais de 90 educadores de propostas educativas alternativas. O filme foi financiado colectivamente grazas a centos de coproductores e ten licenzas libres que permiten e alentan a sua cópia e reprodución.

 La Educación Proibida propón-se alimentar un debate de reflexión social acerca das bases que sosteñen a escola, promovendo o desenvolvimento dunha educación integral centrada no amor, o respeito, a liberdade e o aprendizaxe.

 Sinopse:

 A escola ten cumprido xa máis de 200 anos de existéncia e é aínda considerada a principal forma de acceso á educación. Hoxe en dia, a escola e a educación son conceitos amplamente discutidos en foros académicos, políticas públicas, instituizóns educativas, medios de comunicación e espazos da sociedade civil. Desde a súa orixe, a instituizón escolar estivo caracterizada por estruturas e práticas que hoxe se consideran maiormente obsoletas e anacrónicas. Decimos que non acompañan as necesidades do Século XXI. A súa principal febleza atopa-se nun deseño que non considera a natureza do aprendizaxe, a liberdade de eleizón ou a importáncia que teñen o amor e os vínculos humanos no desenvolvimento individual e colectivo.

 A partir destas reflexións críticas xurdiron, ao longo dos anos, propostas e prácticas que pensaron e pensan a educación dunha forma diferente. “La Educación Prohibida” é un filme documental que propón recuperar moitas delas, explorar as suas ideas e visibilizar aquelas experiencias que se atreveron a mudar as estruturas do modelo educativo da escola tradicional.

 Mais de 90 entrevistas a educadores, académicos, profisionais, autores, nais e pais; un percorrido por 8 paises de Iberoamérica pasando por 45 experiencias educativas non convencionais; mais de 25.000 seguidores nas redes sociais antes do seu estreo e un total de 704 coproductores que participaron na sua financiación colectiva, converteron a “La Educación Prohibida” nun fenómeno único.Un proxecto totalmente independente dunha magnitude inédita, que dá conta da necesidade latexante do xurdimento e crecemento de novas formas de educación.

Enlace para ver ou descargar a pelicula:

http://www.educacionprohibida.com/

actividades 28 setembro 2012

Para descargar en pdf premer aqui comunicado 28-9-2012

ANPA do CPI San Sadurniño
           C.I.F. 15314750 G
Avda. Marqués de Figueroa s/nº
          TLFN: 629773779
15560 San Sadurniño (A Coruña)

 San Sadurniño, 28 de setembro de 2012

Estimados nais e pais:

                     Benvidos ó curso escolar 2012-2013, dende o ANPA queremos informarlles que o vindeiro luns 1 de outubro comezan as actividades extraescolares, polo cal queremos poñelos ó tanto de algúns temas a ter en conta:

             1º- Non se admiten máis solicitudes de actividades a partir do 4 de outubro.

            2º- Para poder asistir ás actividades hai que pagar a cuota do ANPA (15 €/anuais).

            3º- Non se admiten máis solicitudes de JUDO E BAILE (están as listas completas).

            4º- Para asistir á actividade de GUITARRA é necesario traela.

            5º- Para JUDO é imprescindible o KIMONO e ó longo do curso o  mestre informará do pago da Federación.

            6º- Cabe mencionar que para PATINAXE é necesario levar os patíns, casco, rodilleras e coderas.

            7º- O ANPA asume os gastos de material nas actividades de DEBUXO e CERÁMICA. Non é necesario levar nin estoxo nin bloc de debuxo, a cocción das pezas de cerámica corre pola vosa conta.

            8º- Na actividade de INFORMÁTICA só se cubreu o grupo do luns, polo que queda momentáneamente anulado o do mércores.

            9º- A actividade de TENIS está pendente de facer grupo, polo que non comezará se non hai máis inscricións, así que se alguen se quere apuntar aínda está a tempo hasta o día 4.

            10º- Queda anulado o 2º grupo de CERÁMICA (15:30 A 16:30), tódolos nenos irán en horario de 14:30 a 15:30.

            11º- Este curso o ANPA creou un BLOG coa dirección: anpasansa.wordpress.com. Nel van participar os asistentes ó taller de XORNALISMO. Tamén está aberto a que colaboren todos aqueles que teñan a vontade de facelo, desexamos que este novo proxecto sexa do voso agrado.

             Sen outro particular, e agradecendo a súa colaboración, reciban un cordial saúdo.

 Asdo. Adriana García Romero-PRESIDENTA

Papa, algún día serei coma ti.

O meu fillo naceu fai poucos dias, chegou a este mundo dunha maneira normal…Pero eu tiña que viaxar, tiña tantos compromisos !

O meu fillo aprendeu a comer cando menos o esperaba, comezou a falar cando eu non estaba…Como medra rápido o meu fillo. Pero cómo pasa o tempo !

O meu fillo a medida que medraba dicia-me : Papa, algun dia serei coma ti !.Cando voltas a casa, papa ?
– Non o sei, fillo, pero cando volte, xogaremos xuntos ; xa o verás.

O meu fillo cumpliu dez anos fai poucos dias e dixo-me : Grazas pola pelota papa ! Queres xogar comigo ?
– Hoxe non, fillo ; teño moito que facer.
– Está ben, papa, outro dia será .
Foi-se sorrindo, sempre nos seus beizos as palabras “Eu quero ser coma ti !”

O meu fillo voltou da universidade o outro dia, todo un home.
– Fillo, estou orgulloso de ti, séntate e falemos un pouco.
– Hoxe non, papa, teño compromisos, por favor empresta-me o carro para visitar algúns amigos?.

Xa me xubilei e o meu fillo vive noutro lugar. Hoxe chamei-no : Olá fillo, quero ver-te !
– Encantaria-me, pai, pero é que non teño tempo ; xa sabes, o meu traballo, os nenos !Pero grazas por chamar, foi increibel ouvir a tua voz !   

 Ao colgar o telefone dei-me conta que o meu fillo cumplira o seu desexo: ERA COMA MIN.

QUIXEN RECTIFICAR PERO XA ERA DEMASIADO TARDE.

DESFRUTEMOS DOS NOSOS FILLOS, MENTRES POIDAMOS

PORQUE O TEMPO AVANZA, ¡¡¡MAS NON RECUA!!!

“Moitas persoas perden-se as pequenas alegrías, mentres agardan a grande Felicidade, que quen sabe se chegará”.  Un pai ausente na vida dun fillo constantemente, demasiado tarde quere recuperar o tempo perdido e sen embargo atopa-se simplesmente o fruto que sementou neses anos.

“TODO O QUE SEMENTES NESTA VIDA, OS TEUS FILLOS RECOLLERÁNO MAÑÁ”.

MEU PAI, CANDO EU TIÑA…

4 anos : O meu papá pode facer de todo.

5 años : O meu papá sabe un montón.

6 anos : O meu papá e máis intelixente que o teu.

8 anos : O meu papá non sabe exactamente todo.

10 anos : Na época en que meu pai medrou, as cousas seguramente eran distintas.

12 años : Oh, ben, claro,meu pai no sabe nada de eso. É demasiado vello para lembrar a súa infancia.

14 años : Non lle fagas caso ao meu vello. É tan anticuado!

21 anos : El? Por favor, está fora de onda,sen recuperación posíbel.

25 anos : Meu Pai sabe pouco diso, pero non pode ser de outra maneira, posto que xa ten os seus anos.

30 anos : Non vou facer nada até non falar con meu pai.

40 anos : Pergunto-me como manexaria isto meu pai. Era intelixente e tiña un mundo de experiencia.

50 anos : Daría calquera cousa porque meu pai estivese aquí para poder falar isto con el. Mágoa que non valorei o intelixente que era. Podería ter aprendido moito del.