por qué cuestionar o sistema educativo

Un video que da que pensar…

 

O goberno aproba a LOMCE 7ª ley educativa en 37 anos

 Gaña a conferencia episcopal.

Reforza a asignatura de Relixión e o uso do castelan, quita a selectividade e implanta tres reválidas con contidos marcados desde Madrid.

Ler máis nos seguintes enlaces:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/05/18/lomce-refuerza-asignatura-religion-uso-castellano/0003_201305G18P2992.htm

http://www.lavanguardia.com/politica/20130518/54374196571/erc-llama-desobedecer-lomce-porque-empeora-educacion.html

http://www.eitb.com/es/noticias/sociedad/detalle/1344470/la-ley-wert–aprobada-reforma-educacion-2013-espana/

Advertisement

Xuntanza-merenda

Hoxe día 14 de Maio  no patio do CPI de Sansa ás 5 da tarde tivo lugar outra xuntanza-merenda de pais e nais dos colexios de Somozas, Moeche, Cerdido, Valdoviño e Sansa en reivindicación da retirada do decreto dos comedores por parte da Xunta.

A seguinte xuntanza-merenda fará-se o próximo xoves 23 de Maio no colexio de Atios en Valdoviño, á que acudiremos os pais e nais dos outros coles. Se permanecemos xuntos farémonos respeitar!.

Saúdos e gracias por a vosa participación, é cousa e causa de todos.

fiambreiras

fiambreiras

Maios en Sansa

Hoxe, martes 14 de maio celebraron-se os maios no colexio de San Sadurniño, todos os nenos de infantil e primaria participaron na elaboración das alfombras florais e dun Maio. Estas son algunhas das fotos da actividade:

MAIO

MAIO

SAN SIÑO

SAN SIÑO

flor

flor

Swiper non roubes!

Swiper non roubes!

consentimento informado

De acordo co establecido pola Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, consinto que os datos facilitados así como a imaxe que se utilizará no video sexan utilizados para o fin do que fun informado, consentindo ademáis, que sexan publicados nas redes sociais.

Estes datos facilitados,  son dun menor e vostede como tutor legal, autorízanos ó tratamento dos mesmos, declarando estar informado sobre os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposicion que poderá exercitar a través da ANPA do CPI  de San Sadurniño.

Nome do alumno/a:

Nome do pai/nai/titor legal:

 

Data:                                                                Asdo:

Xuntanza de ANPAS en Sansa

Hoxe, día 9 de maio ás 17:30 tivo lugar na casa do conserxe no CPI de San Sadurniño unha reunión de representantes das ANPAS das escolas de Valdoviño, Somozas e Sansa. O motivo da xuntanza foi coordinar medidas de protesta polo tema do “repago” dos comedores escolares.

Decidíuse convocar unha merenda protesta o próximo martes 14 de maio na escola de Sansa a partir das 17 horas na que participarán pais e nais xunto cos nenos dos colexios de Somozas, Valdoviño, Moeche e Sansa. Esta medida será tamén comunicada á ANPA de Ortigueira.

Ese mesmo día (martes,14) celebrarase o DÍA DOS MAIOS E os nenos e nenas da escola de Sansa realizarán a alfombra floral co motivo que nos está a ocupar últimamente. Para este fin mandarase o luns unha nota para que as familias manden pétalos de flores xa escollidos á escola.

Comunicarvos tamén que o sábado pasado aprobouse por unanimidade unha moción no Concello de San Sadurniño en contra do Decreto de “repago dos comedores escolares”.

Ademáis para a próxima semana está programado gravar o vídeo reivindicativo cos nenos  e nenas que participaron no casting.

Por último, estase pensando en realizar unha viaxe en tren ata Ortigueira recollendo en cada estación ás familias que o desexen debendo éstas  anotarse previamente para ter unha previsión de prazas.

Xuntos podemos parar esta inxusta medida.

fiambreiras e casting martes 7 de maio

O  vindeiro martes 7 de maio recolleránse pola mañán fiambreiras usadas (que xa non vallan) que levarán os nenos ao colexio para ser penduradas a partires das 5 da tarde no valado do patio en protesta por o decreto dos comedores da Xunta. Este acto levaráse a cabo en coordinación con as ANPAS dos colexios de Valdoviño (esta iniciativa partiu deles, que o farán ás 15:30), Moeche e Somozas.

O mesmo día 7 ás 5 da tarde vaise facer o casting dos nenos que vaian a participar no video-protesta.

O venres día 10 de maio pola mañán, patrocinada por a ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VIRXE DA O, con motivo da ROMERÍA da O, vai haber unha marcha ciclista dende o cole á Capela da O de Pedroso dos alunos de 5º e 6º de primaria, os demáis alunos de primaria poderán asistir se van acompañados por un proxenitor ou responsable.

folga contra a LOMCE no ensino público o 9 de maio

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga contra a LOMCE no ensino público o 9 de maio

Manifestacións e concentracións convocadas para o día da folga ás 11:30

 OURENSE: Xefatura territorial
VIGO: Praza dos Cabalos
FERROL: Praza de España/Praza de Armas
VILAGARCÍA: Praza de Galiza
PONTEVEDRA: Praza da Ferrería
A CORUÑA: Praza de Vigo
LUGO: Praza da Horta do Seminario
BURELA: Praza da Mariña. (Concentración)
SANTIAGO: Praza do Toural
 
 
 
 
 

Asamblea de ANPAS en Sansa

No día de hoxe, venres 26 de abril de 2013 houbo unha asemblea xeral extraordinaria convocada pola ANPA co motivo do borrador que a Xunta está tratando de facer efectivo e que se refire ó REPAGO DO COMEDOR ESCOLAR.

O primeiro que hai que resaltar é a importante participación de pais, nais, persoal docente e dirección do CPI, así como a asistencia de representantes das ANPAS  dos colexios de Moeche, Cedeira, Somozas e Valdoviño.

Dende a ANPA queremos agradecer o esforzo realizado por todos os asistentes á xuntanza e convidar a tódolos pais e nais a participar masivamente para defender uns dereitos que non debemos permitir que nos quiten. Os nosos fillos e fillas xa teñen pagada a comida cos nosos impostos e tributos que non nos perdoan.

Sabede que na Asamblea de hoxe decidíuse  convocar para o xoves 2 de maio unha xuntanza-merenda ás 17:15 da tarde no patio da Escola que será simultánea tamén nos patios dos outros centros participantes na Asamblea (a excepción da Escola de Moeche que virán a merendar con nós). Esperamos encher o patio de fiambreiras!

Outra das medidas levadas a cabo foi o reparto de follas para a recollida de firmas en contra do repago (desexamos facer moitas fotocopias…) que se deberán entregar antes do 4 de maio xa que remata o prazo de presentación de alegacións ó borrador.

            Seguiremos informando das medidas que se vaiamos decidindo entre todos e por último sabede que sen participación do colectivo de pais e nais nada se poderá facer.

             Animádevos a participar que se trata dos nosos fillos e fillas!

 

 

Proxecto Decreto que regula comedores escolares 2013

Borrador do decreto de comedores remitido por a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.
“Somos a única comunidade de todo o Estado que vai obrigar ás familias a pagar por un servizo necesario para escolarizar ao alumnado que ten que usar necesariamente o transporte escolar”