PARA CUBRIR A FICHA DE INSCRIPCIÓN PODEDES DESCARGAR O ARQUIVO EN PDF DESDE AQUI ACTIVIDADES curso 2013-14
San Sadurniño, 30 setembro 2013
Estimados nais e pais:
Dende a ANPA dámosvos a benvida a tódolos nenos e nenas ó novo curso 2013/14
Enviamos esta nota coa información das actividades extraescolares a realizar ao longo deste curso.
Lembramos que para poder disfrutar delas é imprescindible ser socio do ANPA
As actividades que propoñemos son as seguintes:
Informática : Para nen@s de primaria e ESO.
Debuxo: Gastos de material asumidos pola ANPA
Cerámica,artesanía e taller de avalorios: infantil, Primaria e ESO (Gastos de material asumidos pola ANPA)
Patinaxe: Para nen@s de infantil, Primaria, ESO, e ¡¡ Este ano tamén participan nais!!.
Tenis: Primaria e ESO.
Educación a través do xogo: (psicomotricidade). 1 grupo de Infantil (martes) e 1 grupo de primaria (xoves).
Ioga e relaxación: Para todas as idades.
Judo: A partir de 4 anos.
Baile e expresion corporal: Infantil e primaria.
Taller de guitarra para principiantes: Primaria
As cuotas serán igual que o curso pasado:
Cota de soci@ ANPA anual: 15€ familia
Tódalas actividades (excepto educación a través do xogo):
10€ mensuais ou 60€ anuais.
As familias con dous ou máis irmáns nas actividades pagarán 9€ mensuais ou 50€ anuais por neno/a e actividade.
Educación a través do xogo está subvencionada polo noso Concello, así que a cuota será de: 5€ mensuais ou 40€ anuais.
Sabede que este curso houbo algunha novidade, como por exemplo a supresión de xornalismo por falta de inscripcións e a introducción dunha nova actividade como Ioga.
Por último, comunicarvos que dende o ANPA estamos moi satisfeitos coa importante participación de nenos e nenas nas diferentes actividades propostas, que a día de hoxe (30 de setembro) é de 93 inscripcións.
Para rematar, lembrarvos que o prazo de matrículas nas actividades continúa aberto ata o día 4 de outubro.
Saúdos cordiais.
P.D. Temos noticias de que a entidade Nova Galicia Banco está cobrando 3€ de comisión por cada ingreso que realizan as familias que non teñen conta neste Banco, polo que, en breve realizaremos unha reunión para tratar de solucionar o que nos parece un abuso e así poder resolvelo do mellor xeito posible.