Arquivos mensuais: Novembro 2013

ESTARÍA BEN QUE……….…?

Os nenos e nenas, de infantil, de primaria, de secundaria… todas e todos… pasan moitas horas na ESCOLA  “aprendendo” moitos, moitos, contidos… de Matemáticas, das linguas, de Coñecemento, de Música, … e os pais e as nais confiamos en que todas esas horas de estudio sexan de moito proveito para os nosos fillos.

Aínda así, sabemos que hai un aspecto moi importante da vida, pódese decir que é o motor da nosa vida, que se traballa pouco nas Escolas. Falamos das EMOCIÓNS, cómo xestionar a rabia, a frustración, a tristeza, o medo… emocións que os nenos teñen moi presentes nestes tempos que vivimos.

A ANPA, a petición de duas traballadoras do Departamento de Servicios Sociais e Igualdade do Concello de San Sadurniño, tivo unha xuntanza co fin de ver de que maneira se podería artellar unha colaboración entre a Comunidade Educativa  e o Concello. O interese por poñer en marcha actividades onde se traballen as Habilidades Sociais e os aspectos emocionais foi mutuo por ámbolas dúas partes.

Agora, solicitamos as vosas aportacións e suxerencias a este respecto.  Animádevos a colaborar!

Váise convocar unha xunta xeral ordinaria da ANPA o día 4 de decembro do 2013 na que se van tratar varios temas importantes para todas as famílias como:  comedor escolar, cotas a pagar polas actividades, comisións abusivas que cobra o banco por ingresar cotas mensuais dos socios, decidir se cambiamos de  entidade bancaria, aplicación da próximidade para o curso próximo ás parroquias que non perténcen a San Sadurniño,  etc…..

Tamén pensamos que sería interesante que asistiran a esta xunta xeral as dúas responsábeis dos departamentos de servicios sociais e igualdade do concello, a axente de Igualdade Verónica Rodríguez e a educadora familiar  Pilar Calvo, que explicarán o funcionamento dos servicios sociais do concello, expoñeránse  inquedanzas e preocupacións dos participantes para desenvolver talleres e/ou actividades alternativas que lles poidan dar solución.

Por todo o exposto, ESTARÍA BEN QUE…… PARTICIPÁRADES!!

Un saúdo