Arquivos mensuais: Xullo 2013

BANCO DE INTERCAMBIO

Dende a ANPA recibimos suxerencias de algúns socios para poñer en práctica un banco de libros, con este fin podedes doar os libros que xa non vaiades utilizar para que os poidan aproveitar outros nenos e nenas que lles sirvan para o próximo curso. Os que estedes interesados podedes poñervos en contacto por medio do correo da ANPA para detalles de entrega ou recollida.

Grazas. Un saúdo cordial.