Podedes descargar os dous pdf ao final deste artigo con a última versión do proxecto de decreto dos comedores, que é igual ao anterior pero encabezado por unha atractiva retórica de igualdade e solidaridade, que non sería cínica se non fora usada para facer xustamente o contrario do que se expresa.
cínico, -ca adj./s. m. y f.1 Se aplica a la persona que miente o comete actos vergonzosos con descaro, sin ocultarse ni sentir vergüenza.
Séguen os mismos tramos de renda per cápita e o mesmo importe.Copio aquí algúns párrafos:
Serán beneficiarios de bonificación para comedor, agás na contía de 1 € a abonar por díade servizo, os alumnos cuxa renda familiar neta anual per cápita se atope nas seguintescondicións: Unidades familiares cun único menor enidade escolar Renda anual neta per cápita de 7.000,01 a 8.000,00 € Unidades familiares con dous menores en idade escolar Renda anual neta per cápita de 7.000,01 a 8.000,00 € Unidades familiares con tres ou máis menores en idade escolar Renda anual neta per cápita igual ou superior a 7.000,01 € 2.2. Serán beneficiarios da bonificación para comedor, agás na contía de 2,50 € a abonar por día de servizo, os alumnos cuxa renda familiar neta anual per cápita se atope nas seguintes condicións: Unidades familiares cun único menor en idade escolar Renda anual neta per cápita de 8.000,01 a 9.000,00 € Unidades familiares con dous menores en idade escolar Renda anual neta per cápita de 8.000,01 a 9.000,00 €
4,50 € por día de servizo de comedor para aqueles alumnos cuxa renda familiar anual neta per cápita se atope nos seguintes parámetros:
Unidades familiares cun único menor enidade escolar
Renda anual neta per cápita igualou superior a 9.000,01 €
Unidades familiares con dous menores en idade escolar
Renda anual neta per cápita igual ou superior a 9.000,01 €
Para os efectos do acceso á gratuidade e ás bonificacións do comedor escolar, así como para a fixación das cantidades a abonar en concepto de prezos públicos e privados do comedor escolar, a renda familiar anual neta per cápita obterase por agregación das rendas, correspondentes ao exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural no que dea comezo o curso escolar, de cada un dos membros da unidade familiar, calculadas do xeito seguinte: Primeiro- Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, excluíndose os saldos netos negativos de ganancias e perdas patrimoniais correspondentes aos exercicios anteriores.