A.N.P.A do CPI San Sadurniño
San Sadurniño, 14 de xuño de 2013
Queremos agradecer publicamente dende a ANPA do CPI de San Sa a todas as familias, ós alunos e ás ANPAS dos colexios de Valdoviño, Cerdido, Moeche, Somozas e Cedeira que se veñen sumando sen descanso ás xuntanzas reivindicativas semanais así como a asistencia á viaxe ata Ortigueira o pasado domingo 10 de xuño. Grazas tamén á ANPA do cole de Ortigueira que nos recibíu e organizou a estancia na Vila. Queremos resaltar tamén o apoio mutuo con a ANPA do colexio de Monfero, que non poideron asistir pero que están con nós.
Mención especial á colaboración desinteresada de:
- Paula, de MONTOPALCO.COM, pola cesión de material como tarimas, lonas, etc…
- Magnífica producción da Curtametraxe do comedor:
- Guión e realización: César Galdo (Entremedias Comunicación)
- Son: Miguel Noval Bouza
- Coordinación de actores: Pedro Picos (Bucanero)
- Actores: Roi Picos, Bárbara Pouso, Santi Díaz, Pedro Picos e 19 nenos e nenas máis de distintos cursos do CPI de San Sadurniño.
- Música Creative Commons de Augustus Bro & Gallery Six
- Carlos García, artista-deseñador-pintor de Neda, que nos realizou a pancarta con a lenda da viaxe a Ortigueira.
- Dirección e persoal do CPI de San Saurniño.
- Goberno municipal do concello de San Sadurniño.
O próximo xoves estamos convidados a participar na xuntanza-merenda convocada por a ANPA do colexio de Monfero xunto con as de As Pontes de García Rodríguez e A Capela que será en Monfero ás 5 da tarde.
¡Cantos máis sexamos máis forza faremos!
Un saúdo cordial.
San Sadurniño, 14de xuño de 2013