Arquivos diarios: 11 Xuño 2013

A MEDITACION NA EDUCACION ESCOLAR

A meditación elimina o estrés emocional que sofremos nas nosas vidas, proporciona un tratamento efectivo na prevención de todo tipo de enfermidades e elimina os efeitos nocivos sobre a saúde e o funcionamento cerebral. É unha técnica sistemática para desenvolver o potencial pleno do corpo e da mente.

¿Como é posíbel que a meditación transcendental non estexa estendida como parte da educación en todos os sistemas educativos do mundo? É posíbel que a determinados grupos de poder non lles interese que a meditación se difunda masivamente na educación escolar?

Teñen varias razóns para iso:

  • É fácil.
  • É agradabel.
  • Dá-lles vitalidade, enerxia, dinamismo. Ao praticar esta técnica están mais tranquilos, mais vivaces e con vontades de facer moitas mais cousas.
  • O ambiente no coléxio é fenomenal, vai-lles mellor nos seus estudos, cos seus amigos, en todo.
  • Son mais felices.

Hai mais de 500 centros educativos o redor do mundo onde profesores e alumnos pratican a Meditación Transcendental dentro da sua xornada escolar e os resultados escolares indican que estes centros se encamiñan ao nível de excelencia. En Perú a meditación transcendental pratica-se en 38 centros escolares e 6 universidades.

ler máis en:  http://www.aebc.es/noticias/Tec_EBC_Centros_e_Investigacion.pdf

www.edusinconflictos.org

AGRADECIMENTOS

A.N.P.A do CPI San Sadurniño 

San Sadurniño, 14 de xuño de 2013

Queremos  agradecer publicamente dende a ANPA do CPI de San Sa a todas as familias, ós alunos e ás  ANPAS dos colexios de Valdoviño, Cerdido, Moeche, Somozas e Cedeira que se veñen sumando sen descanso ás xuntanzas reivindicativas semanais así como a  asistencia á viaxe ata Ortigueira o pasado domingo 10 de xuño. Grazas tamén á ANPA do cole de Ortigueira que nos recibíu e  organizou a estancia na Vila. Queremos resaltar tamén o apoio mutuo con a ANPA do colexio de  Monfero, que non poideron asistir pero que están con nós.

 Mención especial  á colaboración desinteresada de:

  • Paula, de MONTOPALCO.COM, pola cesión de material como tarimas, lonas, etc…
  • Magnífica producción da Curtametraxe do comedor:
    • Guión e realización: César Galdo (Entremedias Comunicación)
    • Son: Miguel Noval Bouza
    • Coordinación de actores: Pedro Picos (Bucanero)
    • Actores: Roi Picos, Bárbara Pouso, Santi Díaz, Pedro Picos e 19 nenos e nenas máis de distintos cursos do CPI de San Sadurniño.
    • Música Creative Commons de Augustus Bro & Gallery Six
  • Carlos García, artista-deseñador-pintor de Neda, que nos realizou a pancarta con a lenda da viaxe a Ortigueira.
  • Dirección e persoal do CPI de San Saurniño.
  • Goberno municipal do concello de San Sadurniño.

O próximo xoves estamos convidados a participar na xuntanza-merenda convocada por a ANPA do colexio de Monfero xunto con as de As Pontes de García Rodríguez  e A Capela que será en Monfero ás 5 da tarde.

¡Cantos máis sexamos máis forza faremos!

Un saúdo cordial.

faixa

 

 

 

 

 

 

 

San Sadurniño, 14de xuño de 2013