INFORMACIÓN DA VIAXE A ORTIGUEIRA

INFORMACIÓN DA VIAXE A ORTIGUEIRA:
                Por maioría os nais/pais elixiron o domingo 9 de Xuño, sentimos non poder complacer a todos. O horario será saída do tren de Ferrol as 10,30 h. e de volta saída de Ortigueira ás 16,29h. Alí no andén de Ortigueira estarán a esperarnos a ANPA do colexio e nos acompañarán ó lugar onde xantaremos. E necesario que cada familia leve o seu xantar e roupa cómoda, xa que todo estaremos nun parque.
                En canto ó prezo varía un pouco con relación á nota que vos mandamos a semana pasada. O ser grupo fannos un desconto do prezo que custaría unha viaxe regular debido o cal teñen que pagar tódolos nenos, sen ter en conta a idade, polo conseguinte o prezo por adulto sería de 3,70€ e o de neno 2,60€(IDA E VOLTA NOS DOUS CASOS). Como xa avanzamos na outra nota informativa o ANPA subvencionará o prezo en 1,50€ por pasaxe polo que os prezos a pagar quedarían da seguinte maneira:
ADULTOS:  2,20 € persoa
 NENOS:     1,10€ neno
Nos temos que pagar as pasaxes por adiantado polo que vos rogamos nos enviedes os cartos polos nenos e llo entreguen ó tutor. A partír do andén de Pedroso cada un pode usar a peaxe que máis lle conveña por cercanía ou comodidade. Penso que non nos queda nada que explicar, se tedes algunha duda podedes chamar ó teléfono do ANPA.
                Tamén vos queremos lembrar que o xoves  6 de Xuño seguiremos coas nosas merendas reinvidicativas. Será ás 17,00 h. no patio do colexio. Lembrade que o voso apoio é imprescindible.
            Un saúdo.            

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s