Arquivos mensuais: Xuño 2013

PROXECTO DECRETO DOS COMEDORES(bis) + DO MISMO

Podedes descargar os dous pdf ao final deste artigo con a última versión do proxecto de decreto dos comedores, que é  igual ao anterior pero encabezado por unha atractiva retórica de igualdade e solidaridade, que non sería cínica se non fora usada para facer xustamente o contrario do que se expresa.

cínico, -ca adj./s. m. y f.1   Se aplica a la persona que miente o comete actos vergonzosos con descaro, sin ocultarse ni sentir vergüenza.

Séguen os mismos tramos de renda per cápita e o mesmo importe.Copio aquí algúns párrafos:

Serán beneficiarios de bonificación para comedor, agás na contía de 1 € a abonar por díade servizo, os alumnos cuxa renda familiar neta anual per cápita se atope nas seguintescondicións: Unidades familiares cun único menor enidade escolar Renda anual neta per cápita de 7.000,01 a 8.000,00 € Unidades familiares con dous menores en idade escolar Renda anual neta per cápita de 7.000,01 a 8.000,00 € Unidades familiares con tres ou máis menores en idade escolar Renda anual neta per cápita igual ou superior a 7.000,01 € 2.2. Serán beneficiarios da bonificación para comedor, agás na contía de 2,50 € a abonar por día de servizo, os alumnos cuxa renda familiar neta anual per cápita se atope nas seguintes condicións: Unidades familiares cun único menor en idade escolar Renda anual neta per cápita de 8.000,01 a 9.000,00 € Unidades familiares con dous menores en idade escolar Renda anual neta per cápita de 8.000,01 a 9.000,00 €

4,50 € por día de servizo de comedor para aqueles alumnos cuxa renda familiar anual neta per cápita se atope nos seguintes parámetros:

Unidades familiares cun único menor enidade escolar

Renda anual neta per cápita igualou superior a 9.000,01 €

Unidades familiares con dous menores en idade escolar

Renda anual neta per cápita igual ou superior a 9.000,01 €

Para os efectos do acceso á gratuidade e ás bonificacións do comedor escolar, así como para a fixación das cantidades a abonar en concepto de prezos públicos e privados do comedor escolar, a renda familiar anual neta per cápita obterase por agregación das rendas, correspondentes ao exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural no que dea comezo o curso escolar, de cada un dos membros da unidade familiar, calculadas do xeito seguinte: Primeiro- Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, excluíndose os saldos netos negativos de ganancias e perdas patrimoniais correspondentes aos exercicios anteriores.

ComunicadoCONFAPAsobrecomedores

ComunicadoCONFAPAsobrecomedores

Advertisement

A MEDITACION NA EDUCACION ESCOLAR

A meditación elimina o estrés emocional que sofremos nas nosas vidas, proporciona un tratamento efectivo na prevención de todo tipo de enfermidades e elimina os efeitos nocivos sobre a saúde e o funcionamento cerebral. É unha técnica sistemática para desenvolver o potencial pleno do corpo e da mente.

¿Como é posíbel que a meditación transcendental non estexa estendida como parte da educación en todos os sistemas educativos do mundo? É posíbel que a determinados grupos de poder non lles interese que a meditación se difunda masivamente na educación escolar?

Teñen varias razóns para iso:

  • É fácil.
  • É agradabel.
  • Dá-lles vitalidade, enerxia, dinamismo. Ao praticar esta técnica están mais tranquilos, mais vivaces e con vontades de facer moitas mais cousas.
  • O ambiente no coléxio é fenomenal, vai-lles mellor nos seus estudos, cos seus amigos, en todo.
  • Son mais felices.

Hai mais de 500 centros educativos o redor do mundo onde profesores e alumnos pratican a Meditación Transcendental dentro da sua xornada escolar e os resultados escolares indican que estes centros se encamiñan ao nível de excelencia. En Perú a meditación transcendental pratica-se en 38 centros escolares e 6 universidades.

ler máis en:  http://www.aebc.es/noticias/Tec_EBC_Centros_e_Investigacion.pdf

www.edusinconflictos.org

AGRADECIMENTOS

A.N.P.A do CPI San Sadurniño 

San Sadurniño, 14 de xuño de 2013

Queremos  agradecer publicamente dende a ANPA do CPI de San Sa a todas as familias, ós alunos e ás  ANPAS dos colexios de Valdoviño, Cerdido, Moeche, Somozas e Cedeira que se veñen sumando sen descanso ás xuntanzas reivindicativas semanais así como a  asistencia á viaxe ata Ortigueira o pasado domingo 10 de xuño. Grazas tamén á ANPA do cole de Ortigueira que nos recibíu e  organizou a estancia na Vila. Queremos resaltar tamén o apoio mutuo con a ANPA do colexio de  Monfero, que non poideron asistir pero que están con nós.

 Mención especial  á colaboración desinteresada de:

  • Paula, de MONTOPALCO.COM, pola cesión de material como tarimas, lonas, etc…
  • Magnífica producción da Curtametraxe do comedor:
    • Guión e realización: César Galdo (Entremedias Comunicación)
    • Son: Miguel Noval Bouza
    • Coordinación de actores: Pedro Picos (Bucanero)
    • Actores: Roi Picos, Bárbara Pouso, Santi Díaz, Pedro Picos e 19 nenos e nenas máis de distintos cursos do CPI de San Sadurniño.
    • Música Creative Commons de Augustus Bro & Gallery Six
  • Carlos García, artista-deseñador-pintor de Neda, que nos realizou a pancarta con a lenda da viaxe a Ortigueira.
  • Dirección e persoal do CPI de San Saurniño.
  • Goberno municipal do concello de San Sadurniño.

O próximo xoves estamos convidados a participar na xuntanza-merenda convocada por a ANPA do colexio de Monfero xunto con as de As Pontes de García Rodríguez  e A Capela que será en Monfero ás 5 da tarde.

¡Cantos máis sexamos máis forza faremos!

Un saúdo cordial.

faixa

 

 

 

 

 

 

 

San Sadurniño, 14de xuño de 2013

INFORMACIÓN DA VIAXE A ORTIGUEIRA

INFORMACIÓN DA VIAXE A ORTIGUEIRA:
                Por maioría os nais/pais elixiron o domingo 9 de Xuño, sentimos non poder complacer a todos. O horario será saída do tren de Ferrol as 10,30 h. e de volta saída de Ortigueira ás 16,29h. Alí no andén de Ortigueira estarán a esperarnos a ANPA do colexio e nos acompañarán ó lugar onde xantaremos. E necesario que cada familia leve o seu xantar e roupa cómoda, xa que todo estaremos nun parque.
                En canto ó prezo varía un pouco con relación á nota que vos mandamos a semana pasada. O ser grupo fannos un desconto do prezo que custaría unha viaxe regular debido o cal teñen que pagar tódolos nenos, sen ter en conta a idade, polo conseguinte o prezo por adulto sería de 3,70€ e o de neno 2,60€(IDA E VOLTA NOS DOUS CASOS). Como xa avanzamos na outra nota informativa o ANPA subvencionará o prezo en 1,50€ por pasaxe polo que os prezos a pagar quedarían da seguinte maneira:
ADULTOS:  2,20 € persoa
 NENOS:     1,10€ neno
Nos temos que pagar as pasaxes por adiantado polo que vos rogamos nos enviedes os cartos polos nenos e llo entreguen ó tutor. A partír do andén de Pedroso cada un pode usar a peaxe que máis lle conveña por cercanía ou comodidade. Penso que non nos queda nada que explicar, se tedes algunha duda podedes chamar ó teléfono do ANPA.
                Tamén vos queremos lembrar que o xoves  6 de Xuño seguiremos coas nosas merendas reinvidicativas. Será ás 17,00 h. no patio do colexio. Lembrade que o voso apoio é imprescindible.
            Un saúdo.