O xoves 23 de maio tivo lugar unha xuntanza-merenda no colexio de Atios organizada por as ANPAS dos colexios de Valdoviño, Moeche, Cerdido, Somozas e Sansa na que decidimos seguir con esta reivindicación en forma de merenda semanalmente. Así, o próximo martes 28 será na escola de Sansa a partir das 5 da tarde. Esperamos que poidades asistir moitas familias, fai falla estar presentes!
Agora estamos tentando organizar unha viaxe en tren ata Ortigueira para realizar alí unha gran merenda reivindicativa aproveitando que o tren da costa posa por moitas das poboacións afectadas polo tema que nos ocupa. Posiblemente sexa o sábado 8 ou o domingo 9 de xuño. Pasaremos previamente unha circular para que vos anotedes TOD@S selecionando o día que mellor vos conveña. NON PODEMOS PERDER ESTE TREN!