Sentido da vida e do universo explicado por un neno de 9 anos.
Correo ANPA
enlaces de interes
VISITAS
-
Artigos recentes
Arquivo
Categorías
CALENDARIO
Meta
Sentido da vida e do universo explicado por un neno de 9 anos.
Publicado en artigos
O xoves 23 de maio tivo lugar unha xuntanza-merenda no colexio de Atios organizada por as ANPAS dos colexios de Valdoviño, Moeche, Cerdido, Somozas e Sansa na que decidimos seguir con esta reivindicación en forma de merenda semanalmente. Así, o próximo martes 28 será na escola de Sansa a partir das 5 da tarde. Esperamos que poidades asistir moitas familias, fai falla estar presentes!
Agora estamos tentando organizar unha viaxe en tren ata Ortigueira para realizar alí unha gran merenda reivindicativa aproveitando que o tren da costa posa por moitas das poboacións afectadas polo tema que nos ocupa. Posiblemente sexa o sábado 8 ou o domingo 9 de xuño. Pasaremos previamente unha circular para que vos anotedes TOD@S selecionando o día que mellor vos conveña. NON PODEMOS PERDER ESTE TREN!
Publicado en artigos
Publicado en artigos
Ler máis nos seguintes enlaces:
Publicado en artigos
Hoxe día 14 de Maio no patio do CPI de Sansa ás 5 da tarde tivo lugar outra xuntanza-merenda de pais e nais dos colexios de Somozas, Moeche, Cerdido, Valdoviño e Sansa en reivindicación da retirada do decreto dos comedores por parte da Xunta.
A seguinte xuntanza-merenda fará-se o próximo xoves 23 de Maio no colexio de Atios en Valdoviño, á que acudiremos os pais e nais dos outros coles. Se permanecemos xuntos farémonos respeitar!.
Saúdos e gracias por a vosa participación, é cousa e causa de todos.
Publicado en artigos
Hoxe, martes 14 de maio celebraron-se os maios no colexio de San Sadurniño, todos os nenos de infantil e primaria participaron na elaboración das alfombras florais e dun Maio. Estas son algunhas das fotos da actividade:
Publicado en artigos
De acordo co establecido pola Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, consinto que os datos facilitados así como a imaxe que se utilizará no video sexan utilizados para o fin do que fun informado, consentindo ademáis, que sexan publicados nas redes sociais.
Estes datos facilitados, son dun menor e vostede como tutor legal, autorízanos ó tratamento dos mesmos, declarando estar informado sobre os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposicion que poderá exercitar a través da ANPA do CPI de San Sadurniño.
Nome do alumno/a:
Nome do pai/nai/titor legal:
Data: Asdo:
Publicado en artigos
Hoxe, día 9 de maio ás 17:30 tivo lugar na casa do conserxe no CPI de San Sadurniño unha reunión de representantes das ANPAS das escolas de Valdoviño, Somozas e Sansa. O motivo da xuntanza foi coordinar medidas de protesta polo tema do “repago” dos comedores escolares.
Decidíuse convocar unha merenda protesta o próximo martes 14 de maio na escola de Sansa a partir das 17 horas na que participarán pais e nais xunto cos nenos dos colexios de Somozas, Valdoviño, Moeche e Sansa. Esta medida será tamén comunicada á ANPA de Ortigueira.
Ese mesmo día (martes,14) celebrarase o DÍA DOS MAIOS E os nenos e nenas da escola de Sansa realizarán a alfombra floral co motivo que nos está a ocupar últimamente. Para este fin mandarase o luns unha nota para que as familias manden pétalos de flores xa escollidos á escola.
Comunicarvos tamén que o sábado pasado aprobouse por unanimidade unha moción no Concello de San Sadurniño en contra do Decreto de “repago dos comedores escolares”.
Ademáis para a próxima semana está programado gravar o vídeo reivindicativo cos nenos e nenas que participaron no casting.
Por último, estase pensando en realizar unha viaxe en tren ata Ortigueira recollendo en cada estación ás familias que o desexen debendo éstas anotarse previamente para ter unha previsión de prazas.
Xuntos podemos parar esta inxusta medida.
Publicado en artigos
O vindeiro martes 7 de maio recolleránse pola mañán fiambreiras usadas (que xa non vallan) que levarán os nenos ao colexio para ser penduradas a partires das 5 da tarde no valado do patio en protesta por o decreto dos comedores da Xunta. Este acto levaráse a cabo en coordinación con as ANPAS dos colexios de Valdoviño (esta iniciativa partiu deles, que o farán ás 15:30), Moeche e Somozas.
O mesmo día 7 ás 5 da tarde vaise facer o casting dos nenos que vaian a participar no video-protesta.
O venres día 10 de maio pola mañán, patrocinada por a ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VIRXE DA O, con motivo da ROMERÍA da O, vai haber unha marcha ciclista dende o cole á Capela da O de Pedroso dos alunos de 5º e 6º de primaria, os demáis alunos de primaria poderán asistir se van acompañados por un proxenitor ou responsable.
Publicado en artigos