ESTARÍA BEN QUE……….…?

Os nenos e nenas, de infantil, de primaria, de secundaria… todas e todos… pasan moitas horas na ESCOLA  “aprendendo” moitos, moitos, contidos… de Matemáticas, das linguas, de Coñecemento, de Música, … e os pais e as nais confiamos en que todas esas horas de estudio sexan de moito proveito para os nosos fillos.

Aínda así, sabemos que hai un aspecto moi importante da vida, pódese decir que é o motor da nosa vida, que se traballa pouco nas Escolas. Falamos das EMOCIÓNS, cómo xestionar a rabia, a frustración, a tristeza, o medo… emocións que os nenos teñen moi presentes nestes tempos que vivimos.

A ANPA, a petición de duas traballadoras do Departamento de Servicios Sociais e Igualdade do Concello de San Sadurniño, tivo unha xuntanza co fin de ver de que maneira se podería artellar unha colaboración entre a Comunidade Educativa  e o Concello. O interese por poñer en marcha actividades onde se traballen as Habilidades Sociais e os aspectos emocionais foi mutuo por ámbolas dúas partes.

Agora, solicitamos as vosas aportacións e suxerencias a este respecto.  Animádevos a colaborar!

Váise convocar unha xunta xeral ordinaria da ANPA o día 4 de decembro do 2013 na que se van tratar varios temas importantes para todas as famílias como:  comedor escolar, cotas a pagar polas actividades, comisións abusivas que cobra o banco por ingresar cotas mensuais dos socios, decidir se cambiamos de  entidade bancaria, aplicación da próximidade para o curso próximo ás parroquias que non perténcen a San Sadurniño,  etc…..

Tamén pensamos que sería interesante que asistiran a esta xunta xeral as dúas responsábeis dos departamentos de servicios sociais e igualdade do concello, a axente de Igualdade Verónica Rodríguez e a educadora familiar  Pilar Calvo, que explicarán o funcionamento dos servicios sociais do concello, expoñeránse  inquedanzas e preocupacións dos participantes para desenvolver talleres e/ou actividades alternativas que lles poidan dar solución.

Por todo o exposto, ESTARÍA BEN QUE…… PARTICIPÁRADES!!

Un saúdo

Advertisement

FLÚOR E TOXICIDADE

Ola a toda a comunidade escolar de Sansa, enlazamos aquí uns artigos que pensamos que son interesantes para a saúde dos nosos fillos, tratan sobre estudos da toxicidade do flúor en productos que os nosos fillos e nós mesmos usamos diariamente.

“FLÚOR: UN RESIDUO DE LA INDUSTRIA DE LA FABRICACIÓN DEL ALUMINIO QUE SÓLO PODÍA SER VENDIDO COMO INSECTICIDA Y VENENO PARA RATAS HASTA QUE UN ESTUDIO DE 1930 (FINANCIADO POR LA INDUSTRIA DEL ALUMINIO) SEÑALÓ LOS “SUPUESTOS” BENEFICIOS DEL FLÚOR”. DR. WILLIAM CAMPBELL DOUGLASS, M.D

leer máis

Os graves perigos do flúor (Discovery Salud)

BANCO DE INTERCAMBIO

Dende a ANPA recibimos suxerencias de algúns socios para poñer en práctica un banco de libros, con este fin podedes doar os libros que xa non vaiades utilizar para que os poidan aproveitar outros nenos e nenas que lles sirvan para o próximo curso. Os que estedes interesados podedes poñervos en contacto por medio do correo da ANPA para detalles de entrega ou recollida.

Grazas. Un saúdo cordial.

PROXECTO DECRETO DOS COMEDORES(bis) + DO MISMO

Podedes descargar os dous pdf ao final deste artigo con a última versión do proxecto de decreto dos comedores, que é  igual ao anterior pero encabezado por unha atractiva retórica de igualdade e solidaridade, que non sería cínica se non fora usada para facer xustamente o contrario do que se expresa.

cínico, -ca adj./s. m. y f.1   Se aplica a la persona que miente o comete actos vergonzosos con descaro, sin ocultarse ni sentir vergüenza.

Séguen os mismos tramos de renda per cápita e o mesmo importe.Copio aquí algúns párrafos:

Serán beneficiarios de bonificación para comedor, agás na contía de 1 € a abonar por díade servizo, os alumnos cuxa renda familiar neta anual per cápita se atope nas seguintescondicións: Unidades familiares cun único menor enidade escolar Renda anual neta per cápita de 7.000,01 a 8.000,00 € Unidades familiares con dous menores en idade escolar Renda anual neta per cápita de 7.000,01 a 8.000,00 € Unidades familiares con tres ou máis menores en idade escolar Renda anual neta per cápita igual ou superior a 7.000,01 € 2.2. Serán beneficiarios da bonificación para comedor, agás na contía de 2,50 € a abonar por día de servizo, os alumnos cuxa renda familiar neta anual per cápita se atope nas seguintes condicións: Unidades familiares cun único menor en idade escolar Renda anual neta per cápita de 8.000,01 a 9.000,00 € Unidades familiares con dous menores en idade escolar Renda anual neta per cápita de 8.000,01 a 9.000,00 €

4,50 € por día de servizo de comedor para aqueles alumnos cuxa renda familiar anual neta per cápita se atope nos seguintes parámetros:

Unidades familiares cun único menor enidade escolar

Renda anual neta per cápita igualou superior a 9.000,01 €

Unidades familiares con dous menores en idade escolar

Renda anual neta per cápita igual ou superior a 9.000,01 €

Para os efectos do acceso á gratuidade e ás bonificacións do comedor escolar, así como para a fixación das cantidades a abonar en concepto de prezos públicos e privados do comedor escolar, a renda familiar anual neta per cápita obterase por agregación das rendas, correspondentes ao exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural no que dea comezo o curso escolar, de cada un dos membros da unidade familiar, calculadas do xeito seguinte: Primeiro- Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, excluíndose os saldos netos negativos de ganancias e perdas patrimoniais correspondentes aos exercicios anteriores.

ComunicadoCONFAPAsobrecomedores

ComunicadoCONFAPAsobrecomedores

A MEDITACION NA EDUCACION ESCOLAR

A meditación elimina o estrés emocional que sofremos nas nosas vidas, proporciona un tratamento efectivo na prevención de todo tipo de enfermidades e elimina os efeitos nocivos sobre a saúde e o funcionamento cerebral. É unha técnica sistemática para desenvolver o potencial pleno do corpo e da mente.

¿Como é posíbel que a meditación transcendental non estexa estendida como parte da educación en todos os sistemas educativos do mundo? É posíbel que a determinados grupos de poder non lles interese que a meditación se difunda masivamente na educación escolar?

Teñen varias razóns para iso:

  • É fácil.
  • É agradabel.
  • Dá-lles vitalidade, enerxia, dinamismo. Ao praticar esta técnica están mais tranquilos, mais vivaces e con vontades de facer moitas mais cousas.
  • O ambiente no coléxio é fenomenal, vai-lles mellor nos seus estudos, cos seus amigos, en todo.
  • Son mais felices.

Hai mais de 500 centros educativos o redor do mundo onde profesores e alumnos pratican a Meditación Transcendental dentro da sua xornada escolar e os resultados escolares indican que estes centros se encamiñan ao nível de excelencia. En Perú a meditación transcendental pratica-se en 38 centros escolares e 6 universidades.

ler máis en:  http://www.aebc.es/noticias/Tec_EBC_Centros_e_Investigacion.pdf

www.edusinconflictos.org

AGRADECIMENTOS

A.N.P.A do CPI San Sadurniño 

San Sadurniño, 14 de xuño de 2013

Queremos  agradecer publicamente dende a ANPA do CPI de San Sa a todas as familias, ós alunos e ás  ANPAS dos colexios de Valdoviño, Cerdido, Moeche, Somozas e Cedeira que se veñen sumando sen descanso ás xuntanzas reivindicativas semanais así como a  asistencia á viaxe ata Ortigueira o pasado domingo 10 de xuño. Grazas tamén á ANPA do cole de Ortigueira que nos recibíu e  organizou a estancia na Vila. Queremos resaltar tamén o apoio mutuo con a ANPA do colexio de  Monfero, que non poideron asistir pero que están con nós.

 Mención especial  á colaboración desinteresada de:

  • Paula, de MONTOPALCO.COM, pola cesión de material como tarimas, lonas, etc…
  • Magnífica producción da Curtametraxe do comedor:
    • Guión e realización: César Galdo (Entremedias Comunicación)
    • Son: Miguel Noval Bouza
    • Coordinación de actores: Pedro Picos (Bucanero)
    • Actores: Roi Picos, Bárbara Pouso, Santi Díaz, Pedro Picos e 19 nenos e nenas máis de distintos cursos do CPI de San Sadurniño.
    • Música Creative Commons de Augustus Bro & Gallery Six
  • Carlos García, artista-deseñador-pintor de Neda, que nos realizou a pancarta con a lenda da viaxe a Ortigueira.
  • Dirección e persoal do CPI de San Saurniño.
  • Goberno municipal do concello de San Sadurniño.

O próximo xoves estamos convidados a participar na xuntanza-merenda convocada por a ANPA do colexio de Monfero xunto con as de As Pontes de García Rodríguez  e A Capela que será en Monfero ás 5 da tarde.

¡Cantos máis sexamos máis forza faremos!

Un saúdo cordial.

faixa

 

 

 

 

 

 

 

San Sadurniño, 14de xuño de 2013

INFORMACIÓN DA VIAXE A ORTIGUEIRA

INFORMACIÓN DA VIAXE A ORTIGUEIRA:
                Por maioría os nais/pais elixiron o domingo 9 de Xuño, sentimos non poder complacer a todos. O horario será saída do tren de Ferrol as 10,30 h. e de volta saída de Ortigueira ás 16,29h. Alí no andén de Ortigueira estarán a esperarnos a ANPA do colexio e nos acompañarán ó lugar onde xantaremos. E necesario que cada familia leve o seu xantar e roupa cómoda, xa que todo estaremos nun parque.
                En canto ó prezo varía un pouco con relación á nota que vos mandamos a semana pasada. O ser grupo fannos un desconto do prezo que custaría unha viaxe regular debido o cal teñen que pagar tódolos nenos, sen ter en conta a idade, polo conseguinte o prezo por adulto sería de 3,70€ e o de neno 2,60€(IDA E VOLTA NOS DOUS CASOS). Como xa avanzamos na outra nota informativa o ANPA subvencionará o prezo en 1,50€ por pasaxe polo que os prezos a pagar quedarían da seguinte maneira:
ADULTOS:  2,20 € persoa
 NENOS:     1,10€ neno
Nos temos que pagar as pasaxes por adiantado polo que vos rogamos nos enviedes os cartos polos nenos e llo entreguen ó tutor. A partír do andén de Pedroso cada un pode usar a peaxe que máis lle conveña por cercanía ou comodidade. Penso que non nos queda nada que explicar, se tedes algunha duda podedes chamar ó teléfono do ANPA.
                Tamén vos queremos lembrar que o xoves  6 de Xuño seguiremos coas nosas merendas reinvidicativas. Será ás 17,00 h. no patio do colexio. Lembrade que o voso apoio é imprescindible.
            Un saúdo.            

A nenos coma este, qué lle pode ensinar a escola?

Sentido da vida e do universo explicado por un neno de 9 anos.

As “merendas” do comedor escolar

O xoves 23 de maio  tivo lugar unha xuntanza-merenda no colexio de Atios organizada por as ANPAS dos colexios de Valdoviño, Moeche, Cerdido, Somozas e Sansa na que decidimos  seguir con esta reivindicación en forma de merenda semanalmente. Así, o próximo martes 28 será na escola de Sansa a partir das 5 da tarde. Esperamos que poidades asistir moitas familias, fai falla estar presentes!

Agora estamos tentando  organizar unha viaxe en tren ata Ortigueira  para realizar alí unha gran merenda reivindicativa aproveitando que o tren da costa posa por moitas das poboacións afectadas polo tema que nos ocupa. Posiblemente sexa o sábado 8 ou o domingo 9 de xuño. Pasaremos  previamente unha circular para que vos anotedes TOD@S selecionando o día que mellor vos conveña.  NON PODEMOS PERDER ESTE TREN!

Curtametraxe repago comedor Sansa